O liderado das mulleres desde as Encrobas até hoxe

Despois dunhas merecidas vacacións neste verán estamos de volta con novos folgas e novas para compartillar con todas vós. Agardamos que sexan do voso interese e comprometémonos nunha periodicidade maior e constancia.

Nesta primeira entrada de setembro queriamos disponibilizar un video feito polo compañeiro Bocixa sobre o encontro anual do Sindicato Labrego Galego, nas Encrobas, nunha romaria que organiza desde hai nove anos.

A ubicación, de heróicas resonancias polas loitas levadas a cabo nos anos setenta, serviu de cenario para unha festa que foi tamén um acto de formación política e de denuncia social.

Presentación do libro sobre Lídia Senra

A escritora Tareixa Ledo pudo apresentar o seu libro “Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable” , nunha intervención en que salientou a relevancia das mulleres nas loitas agrarias, especialmente na Galiza e máis ainda no Sindicato Labrego Galego, ben como encomiou o estilo de liderado destas, tan “contra-posto ao machismo” e a “verticalidade” que rexe na maioria das organizacións.

Memoria e denuncia do presente

Entre as asistentes encontraronse varias labregas que participaron nas loitas viciñais que em 1977 enfrentarom a poboaçción coas forzas da Guarda Civil, motivadas por unhas expropriacións de terras que Fenosa queria usar como minas de lignito para alimentar a central térmica de Meirama. Aquela luita perdeuse ao cabo, mais a dignidade e a rebeldia que acendeu conservaronse entre as labregas e labregos participantes.

Carme Freire, secretaria-xeral do SLG, encoraxounos a “seguir sendo críticos” e a se opoñerem a calquer tentativa de “usurpación dos direitos e dos bens a que temos direitos e que tardamos tantas xeracións en conquistar”. Puxo como exemplo o financiamento público da banca e das grandes empresas nestes tempos de crise, “en vez de investiren en servizos públicos esenciais para a calidade de vida no medio rural”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s