Homofobia da Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) afirma que un pederasta é “por extensión homosexual masculino”
A RAG afirmó en 2009 que actualizaría as definicións “homosexual”, “invertido”, “pederasta”… e nada mais lonxe da realidade.
O diccionario da Real Academia Galega (RAG) viuse envolto nunha polémica en 2009 por albergar entre as súas definicións numerosas relacións homófobas entre significados. Ao procurar na web http://www.edu.xunta.é/dicionários/BuscaTermo.jsp, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, palabras como “homosexual”, “invertido”, “pederasta” ou “matrimonio” os resultados producen arrepío

Hai dous anos fixéronse numerosas denuncias públicas por parte do movemento LGTB esixindo unha rectificación inmediata por parte da RAG ante definicións heterocentristas, homófobas e sexistas.

Por aquel entón ante o balbordo mediático xerado o secretario da institución daquela, Manuel González González, afirmou que “a RAG pretende ser un exemplo de corrección lingüística pero tamén de corrección social”. Afirmou que “a língua ten que adaptarse á nova realidade: o matrimonio non é o mesmo agora que hai 20 anos”.

Entre as “fantásticas definicións” que xeraba o buscador da RAG estaba a definición de matrimonio: “unión dun home e unha muller feito legal por medio de cerimonias civís ou relixiosas”.

A RAG en 2009 entendía que esta definición de matrimonio estaba desactualizada e mostraron o seu compromiso coa súa adaptación (nada mas lonxe da realidade).

A resposta da institución lingüística foi clara, mostráronse moi a favor de que a cidadanía civil organizada solicitase adaptacións e revisións dos diccionarios para poder así avanzar na igualdade real e a consolidación dos dereitos humanos.

Manuel González afirmou que: “animo aos colectivos que puidesen sentirse ofendidos por algunha definición do diccionario a que fagan os seus propostas de troco”. Moi boas palabras que se ficaron niso.

Pois ben, tras esta boa declaración de intencións en 2009, cal é a panorama actual? A día de hoxe as definicións estigmatizantes, homófobas e sexistas aínda seguen presentes na web da Real Academia Galega (RAG) accesíbel por internet mediante a web: http://www.edu.xunta.é/dicionários/

Se buscamos a definición de invertido nos atoparemos co seguinte: “que sente atracción sexual polas persoas do seu mesmo sexo […] SEN. Homosexual”. Vemos que non se mudou nin unha vírgula da definición de 2009, pese a que en 2010 se falou dunha actualización do diccionario.

E é que se buscamos a definición de homosexual nos dirá que invertido é o seu sinónimo. neste sentido, vendo a estigmatización da homosexualidade que fai a RAG pode un pensar que todo fica aí, pero nada mas lonxe da realidade.

Se che dispós a buscar a definición de pederasta atoparás o seguinte: “Home que mantén relacións homosexuais con nenos […], sodomita. Por ext. Homosexual masculino”.

O pack “pederasta-homosexual” desde sempre se tratou de presentar unido para minguar a igualdade xusta que desde o movemento LGTB se reivindica con dereitos sociais moi concretos.

Aos centinelas do heterofalopatriarcado lles interesa definir ao homosexual como pederasta e ser depravado que abusa de nenos e recluta a futuros sodomitas desde as escolas: a estigmatización e a marxinalidade é promovida desde as altas esferas da sociedade neste sentido. E é que existen numerosos prexuízos que aínda están presentes na sociedade española: se dous gays adoptan un neno este se fará gay, poden abusar del (ou como mínimo presenciará “actos de sodomía” en reiteradas ocasións) e/ou sufrirá demasiado ao carecer do “calor materno”. Unha homofobia evidente que desde o PP (por exemplo) tratan de usar no seu favor de cara á retirada da lei de matrimonio igualitario, afirman que lles preocupa a “adopción gay” e o futuro das familias.

O que lles interesa é seguir quitando tallada do pack “pederasta-homosexual”.

Vendo a panorama actual no político podémonos dar conta de que nada ten mudado desde 2009 nos diccionarios e os estamentos encargados de velar polas linguas que emprega a cidadanía. no caso da RAG, esta continua anquilosada na época das cavernas.

Lonxe de polemizar e esaxerar sobre o diccionario da RAG podémonos “deleitar” coa definición que se dá da palabra pene (non ten desperdicio): “órgano eréctil do aparello xenital do home, que ten a función de levar o seme á vaxina ou ao colo do útero da muller”. A esta aberración sexista e falocrática hai que engadir que a definición de matrimonio continua intacta…

Ante esta tomadura de pelo que fai a RAG se criou un grupo de facebook solicitando a actualización inmediata da web http://www.edu.xunta.é/dicionários/

Podes somarche á causa buscando en facebook Eu digo NON a homofobia dá Real Academia Galega (RAG). Esta iniciativa pretende denunciar e criar redes para trocar información e promover iniciativas encamiñadas á concienciación e a sensibilización sobre o papel dos diccionarios na sociedade actual.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s