A corresponsabilidade é unha aspiración pola que hai que seguir traballando

O último Estudio de Emprego Intelixente do buscador de Emprego 2.0, Jobssy.com volta a deixar patente que a corresponsabilidade é unha aspiración pola que hai que seguir traballando, pois as valoracións, base das conductas, entre mulleres e homes están moi distantes.

O 64 por cento das mulleres afirma que os horarios si importan á hora de escoller un traballo, fronte ao 26 por cento dos homes. Esta diferencia conecta coa valoración sobre a conciliación da vida familiar e laboral, o que importa “moito” ao 50 por cento das traballadoras encuestadas e só ao 30 por cento dos traballadores. Neste punto é destacábel que un 13 por cento dos encuestados masculinos manifestou que a conciliación da vida familiar e laboral “non lles importa nada”.

O estudio, realizado entre mais de 500 persoas, sinala que as mulleres se preocupan menos que os homes polas súas expectativas salariais. Así, o 60 por cento dos varóns encuestados afirma que lle preocupa “moito ou abondo” gañar mais de 1.000 euros ao mes, fronte a só o 25 por cento das encuestadas femininas que respondeu que lle preocupa “abondo” –ningunha muller respondeu que moito.

Tamén é maior nas mulleres que nos homes a porcentaxe de traballadoras que buscan un emprego que posibilite o seu desenvolvemento e formación. deste modo, o 100 por cen das encuestadas intéresanse “moito ou abondo” nesta cuestión, fronte ao 84 por cento dos encuestados.

Por outro lado, o 62 por cento das mulleres tamén recoñeceu que se preocupa “abondo” polos seus compañeiros e compañeiras de traballo, fronte ao 43 por cento dos homes.

No punto que máis coinciden as persoas entrevistadas de ambos sexos é sobre o temor experimentado ante a falta de emprego existente hoxe en día. Así o manifestou o 60 por cento. Sobre a falta de diñeiro durante períodos de tempo “medios ou extensos”, o 75 por cento das mulleres mostrou preocupación moderada ou alta, fronte ao 60 por cento dos varóns, quen habitualmente acostuman ter menos cargas familiares. Asimesmo, tamén chama a atención a diferencia de resultados ante o medo a ficar parados.

Falta de experiencia

Por último, no estudio que levou a cabo Jobssy.com destaca que o medo ante a baixa cualificación é maior entre os homes que entre as mulleres. Así o expresou un 52 por cento dos traballadores varóns, que afirma que se trata dun tema que lles preocupa “moito, abondo ou de forma moderada”, polo 45 por cento das mulleres. Sen embargo, o “medo” á hora de buscar traballo debido á falta de experiencia é moito maior nas entrevistadas que nos entrevistados. deste modo, o 100 por cen das encuestadas manifestou este temor, fronte ao 69 por cento dos encuestados.

Fonte: AmecoPress

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s