Reivindicacións feministas nas prazas

As feministas  que participaron nas concentracións do chamado 15-M elaboraron un Manifesto no que explican os motivos para estar nas prazas e apoiar estas mobilizacións:

“Queremos unha sociedade na que o centro sexamos as persoas e non os prazas. Por iso reivindicamos: servicios públicos gratuítos e vitais como a educación e a saúde fronte aos recortes sociais e a reforma laboral.

Esiximos o uso dunha linguaxe non sexista que nomee a todas as persoas e que estea libre de homofobia, machismo e racismo.

Queremos o compromiso de homes e mulleres para a construcción dunha sociedade onde non teña cabida a violencia machista.

As persoas somos donas do noso propio corpo, por iso somos libres para decidir sobre el, desfrutar e relacionarnos con el e con quen nos dea a gana.

Queremos unha sociedade diversa onde se respecten as múltiples formas de  vivir o sexo e a sexualidade (lesbianas, gays, intersexuais, bisexuais, transexuais, transxéneros, queers…).

Reivindicamos o aborto libre e gratuíto.

É imprescindíbel incorporar o enfoque feminista nas políticas económicas, nos servicios públicos, na creación de outro modelo de cidade e nas políticas ambientais para saír da crise.

Esiximos que as Traballadoras Domésticas ou Empregadas do Fogar esteamos incluídas no réxime xeral da Seguridade Social. Esiximos que a transexualidade non se trate como unha enfermidade.

Esiximos papeis para todas e que as mulleres migrantes desfruten de todos os dereitos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s