As revistas para adolescentes perpetuan a desigualdade

Baixo o título ‘Cómo chegar a ser unha superwoman’, a Unión de Consumidores de Estremadura (UCE) presenta un informe no que analiza oito das principais publicacións de revistas para xoves que se editan en España. O obxectivo é coñecer os principais contidos destas publicacións, saber se son adecuados á idade do seu público e  que porcentaxe da publicación dedican á formación en temas sociais.

A primeira conclusión é que as revistas teñen a función de criar consumidoras xa que preto do 90 por cento dos revistas conteñen varias seccións nas que informan con todo luxo de detalles en téxtil, calzado, cosmética, complementos, etc. En ningunha das 500 páxinas analizadas foi atopado algún producto para rapaces. A construcción da feminidade neste tipo de revistas está directamente ligada ao consumo.

O informe advirte acerca de o influenciábeis que son as persoas na etapa da adolescencia. neste sentido, as revistas encárganse de aprender ás mais novas ‘qué es en función do que aparentas’. Queren que as adolescentes podan pisar o éxito “para ser as mais ‘in’ en case todo”, asegura o informe. O mais grave para as persoas responsábeis da análise é que o estereotipo da relación entre home e muller é o mesmo de “os nosos avós: as rapazas destas revistas poden estar á última en todo, pero se non teñen rapaz, non son ninguén”.

“Non podemos deixar de pensar -lamenta o informe- que as políticas de igualdade neste xénero non influíron para nada” xa que a liña editorial segue sendo a mesma que dúas décadas atrás. As persoas responsábeis de ‘Cómo chegar a ser unha superwoman’ conclúen lembrando que as adolescentes e mozas de hoxe son as mulleres do mañá e estas revistas convértenas en auténticas “bombas de reloxería”.

O consello final é que mais, pais, titores e titoras se interesen por en ler as revistas que mercan os e as adolescentes ao seu cargo. Iso si, “fágano sentados”, recomenda o informe.

http://www.amecopress.net

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s