“O tratamento informativo dos casos de homicidio por violencia de xénero é factor importante na frecuencia e concentración dos mesmos”

Así o deu a entender o Delegado de Goberno para a Violencia de Xénero, Miguel Llorente, na presentación do estudio sobre a Concentración de Homicidios por Violencia de Xénero que se levou a cabo este 11 de maio na sede da Secretaría de Estado para a Igualdade.

Durante a presentación, o Delegado estivo acompañado por Juan de Dios Luna Del Castillo, catedrático de estatística da Universidade de Granada, quen se atopa a cargo da realización do estado en todas as súas fases e no que se pretende determinar cales son os elementos predominantes nos períodos nos que mais se producen casos de violencia que desembocan na morte das mulleres involucradas.

O estado se levou a cabo con dados oficiais de asasinatos de mulleres perpetrados durante o período comprendido entre os anos 2003 e 2010. Luna del Castillo abriu a presentación indicando os valores estatísticos que levan ás persoas investigadoras da Universidade de Granada a determinar que os crimes perpetrados nos casos de violencia de xénero teñen unha frecuencia no tempo determinada polo efecto imitación e paso á acción sen copiar o método.

Do estado se desprende ademais, que o risco de que se cometa o asasinato de mulleres víctimas de violencia de xénero no intre inmediatamente posterior a outro “é 1,67 veces maior. As mortes de mulleres por violencia de xénero non seguen unha distribución temporal aleatoria no período estudiado”.

Asemade, se determinou que aínda que non se establecen diferencia significativas encanto aos niveis de risco por poboación española ou estranxeira, o risco entre a poboación estranxeira é maior. Non obstante, “nas dúas poboación ocorre tanto cuantitativamente como cualitativamente o mesmo fenómeno, os ‘feminicidios’ non se producen ao azar”.

Pola súa parte o Delegado de Goberno foi enfático no papel que xogan os medios de comunicación na concentración de homicidios e considera necesario mellorar o tratamento da información en caso dos asasinatos producidos pola violencia de xénero.

http://www.amecopress.net/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s