Víctimas de trata: mortes invisibles no conflicto libio

Helena Maleno (periodismohumano)

Grupos de mulleres nixerianas denuncian que preto de trescentas compañeiras morreron desde que comezou o conflicto libio. Desprazadas ata este país en redes de trata para explotación sexual, sufriron violacións, maltrato, torturas e mortes na máis absoluta situación de indefensión.

Joey chegou a Benin City hai  unha semana. Viviu en Bengasi e Trípoli. Di que o seu patrón a puido sacar do país pero outras compañeiras non tiveron a mesma sorte. Joey fala árabe, que o aprendeu mentres esperaba pasar a Italia.

“Cando comezaron os problemas estábamos pechadas nas casas. Estivemos así varios días. Era moi perigoso saír. Despois tíñamos que ir buscar comida e algunhas das miñas compañeiras desapareceron cando foron a buscar algo de pan. Pero comezaron a entrar nas casas os libios. Violábannos, a algunhas matáronas. Violáronme tres veces”, declara Joey con grande enteireza.

As rapaces que lograron fuxir explican como os abusos procedían de ambas partes, dos rebeldes e dos partidarios de Gadafi.

“Tíñamos medo de todos os libios, de todos os homes. Había xente do exército, veciños do bairro, outros africanos negros. A verdade é que fuxiamos de todos e estábamos sen protección, o meu ‘boyfriend’ morreu na rúa, matáronlle a golpes, dixeron que era de Gadafi. A min só me violaron, crin que ían a matarme ”. Blessing permaneceu varios días agachada antes de poder fuxir.

Varias fontes de cidadáns nixerianos confirman a arrepíante cifra de case 300 mulleres subsaharianas asasinadas durante as loitas pola democracia que teñen lugar en territorio libio.

“Tíñamos varias casas nas cidades. Alá vivían as mulleres, en grupo, controladas. Co tempo puidemos ver cantas desapareceron, de moitas das mortes foron testemuñas outras mulleres. Perdéronse case trescentas, non che digo mais”. William acompañou a un grupo de mulleres ata a fronteira con Níxer.

William é ‘connection’, un controlador da rede,  encarrégase de protexer ás mulleres. Neste caso os propios explotadores conseguiron pór a salvo a súa “mercancía”.

Moitas volveron a Edo State, o estado nixeriano mais tocado pola lacra da trata. Pero outras mudaron o seu periplo e as redes movéronas ata Marrocos.

“No bairro dixéronme os veciños que non saia o domingo porque a xente vai saír como en Libia. Morro de medo. Fun a Libia con quince ’sisters’ e todas morreron. Matáronas na rúa, eu tiven mellor sorte. Todas estaban empreñadas como eu. O embarazo protéxeche da violación, os árabes non che acostuman violar empreñada, pero non da morte”. Precious fala mentres observa o seu inmenso ventre.

Ela revela algo moi importante e é todos eses bebés desaparecidos que naceron en Libia ou no camiño cara ese país e dos que non temos cifras, nin referencias, nin forma de demostrar que existiron.

“Perdín dous bebés en Libia. Fuxindo, perdinos. Un naceu en Níxer. Outro naceu en Trípoli. Chámanse Mathew e Francis”, afirma Joey Matthew.

Segundo o goberno nixeriano, facendo referencia a dados ofrecidos por ONG italianas, unhas 13.000 mulleres nixerianas, das 20.000 que exercen a prostitución neste Estado europeo, usarían a ruta libia.

A situación de irregularidade administrativa e desprotección internacional das víctimas de trata fan que moitas das violacións dos seus dereitos fiquen impunes. A rede migreurop facía un chamamento a ACNUR para a protección dos refuxiados que se encontraban en territorio Libio.

Tamén é o momento de instar a organismos internacionais a protexer ás mulleres víctimas de trata que se atopan indefensas neste conflicto e ofrecerlles unha protección alternativa a aquela que están a proferir as propias redes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s