Para asinar preme aqui
Texto da petición:
A reforma do Código Penal prevé unha pena mínima e prisión provisional para quen convoque manifestacións que sexan consideradas como “violentas” por Internet.
Tamén se criminaliza a protesta civil cualificando a resistencia pasiva como “delicto de integración en organización criminal” que poderá ser penado até con 4 anos e prisión provisional.
O Estado español debe garantir que as persoas poden protestar de forma pacífica, difundir información e criticar aos propios gobernos respecto á protección ou promoción dos dereitos humanos.
Estas reformas atemorizan á poboación, e impulsan a non protestar e aceptar a perda de Dereitos Fundamentais que se impulsa desde os mercados financeiros, coa complicidade de institucións europeas, españolas e internacionais.
Aprobar leis que foron derogadas hai 50 anos non significará maior seguridade, nin sequera para a xente que non protesta. Significará aumentar a crispación, a protesta e obxección de conciencia ante os abusos que maltratan ás persoas máis febles da nosa sociedade.
Sr. Ministro, non apague o lume con gasolina. As Institucións están para defender á cidadanía diante dos poderosos, non para axudar aos poderosos a quebrar a dignidade das persoas.

As sombras da Igreja católica, as misoginias renovam-se continuamente. A Igreja de Roma segue a manter a esencia do seu discurso, a ser a gram represora da mulher ao serviço do sistema patriarcal.